Recursos Nadal
28 de dec. de 2012
Recursos de Nadal
Deixámosvos este enlace da CGENDL no que aparecen múltiples recursos para gozar do Nadal plenamente en galego. Dende postais, cancións, a historia do Apalpador ou os lugares onde podes facer os teus agasallos na nosa lingua.
Recursos Nadal
Recursos Nadal
26 de dec. de 2012
20 de dec. de 2012
19 de dec. de 2012
Xadrez para todos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar estes manuais para iniciarse no mundo do xadrez ou para perfeccionar os coñecementos neste deporte. Os catro tomos, escritos orixinalmente en catalán, reúnen material pedagóxico para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico. Trátase dunha colección promovida por Balàgium Editors e os seus autores son Jordi Prió Burgués, Ramon Torra Bernat, Imma Farré Vilalta e José L. Vilela de Acuña.
Xadrez para todos. Iniciación 1
Xadrez para todos. Iniciación 2
Xadrez para todos. Intermedio 1
Xadrez para todos. Intermedio 2
Xadrez para todos. Iniciación 1
Xadrez para todos. Iniciación 2
Xadrez para todos. Intermedio 1
Xadrez para todos. Intermedio 2
17 de dec. de 2012
Ruta literaria: A esmorga
Se queres facer a ruta literaria da obra A esmorga, podes botarlle unha ollada a este mapa elaborado polos compañeiros do IES Blanco Amor de Ourense. Nel aparecen as principais paradas que fixeron os protagonistas da novela xunto con outros lugares que se citan no texto. Fai clic debaixo do mapa, en "Ver A esmorga", e poderás ver mellor os espazos e ler algunhas das pasaxes da obra.
Ver A esmorga en un mapa más grande
Ver A esmorga en un mapa más grande
12 de dec. de 2012
Celso Emilio Ferreiro
Os nenos e nenas do CEIP Andrade de Pontedeume recitan "Deitado frente ao mar". Un fermoso vídeo con ilustracións de Leandro Lamas. A voz de Celso Emilio Ferreiro segue viva.
8 de dec. de 2012
Escribimos os nosos libros
Con Picture Book Maker podemos crear unha pequena e orixinal historia. Elixe o teu protagonista, o decorado e imaxina o teu propio conto. Para compartilo cos amigos, publicámolo en Wallwisher. Se o queres ver, fai dobre clic na nota, logo source e a ler!
6 de dec. de 2012
2 de dec. de 2012
1 de dec. de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)