28 de abr. de 2013

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Utilizamos unha das nosas aplicacións favoritas para realizar este cuestionario interactivo sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño,  protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas 2013.


19 de abr. de 2013

Atlas Mundial Galego Online

Bótalle unha ollada ao  Atlas Mundial Galego Online! É unha ferramenta coa que poderás viaxar polos países que elixas, consultar os topónimos deste lugares noutras linguas ou coñecer a orixe dos seus nomes.


13 de abr. de 2013

O tempo

Lóstrego, folerpa, sarabia, orballo... Estamos a poñerlle imaxes a parte do vocabulario relacionado co tempo atmosférico. Aquí tedes algunhas delas.


10 de abr. de 2013

Cursos aPorto 2013

Já está aberto o período de pré-inscrição para os cursos aPorto deste ano 2013. Os aPorto são cursos de uma semana de duração que se organizam por quarto ano consecutivo na cidade portuguesa do Porto e incluem atividades formativas de manhã (na FLUP) e lúdicas e culturais de tarde-noite. O teatro em La Marmita, a viagem no Flor do Gás ou as visitas eco-sociais de Pedro Jorge Pereira pela invicta são algumas das muitas atividades previstas para este verão.

Os cinco aPortos do 2013 terão lugar nas seguintes faixas:
  • De 22 a 26 de julho
  • De 29 de julho a 2 de agosto
  • De 5 a 9 de agosto
  • De 12 a 16 de agosto
  • De 26 a 31 de agosto


9 de abr. de 2013

Symbaloo

Symbaloo é unha estupenda ferramenta gratuíta que serve para organizar e clasificar  información,  recursos e os teus espazos favoritos na rede. Con ela podes crear un escritorio virtual con diferentes seccións segundo as temáticas que máis che interesan. Así, evitas ter que escribir o enderezo e accedes cun só click ao espazo que queres ver.

Contén tres páxinas (escritorio, noticias e feeds) que se poden modificar e ti mesmo podes engadir "webmix" novas  para crear nelas os enlaces aos que queres acceder directamente. Podes crear bloques novos, eliminalos ou modificar os que xa existen, configuralos con diferentes cores...

Outro factor interesante é que podes compartir o teu propio escritorio con quen ti queiras para que esas persoas teñan acceso á  información, páxinas, recursos... que ti tes xa tes clasificados previamente, algo que lles facilitará o traballo a todos eles. Se che interesa esta opción, tamén existe SymbalooEDU para compartir o teu material con outros profes e co teu propio alumnado.

Esta é a fotografía do meu propio Symbaloo onde teño o meu escritorio persoal e outras páxinas para galego, inglés e castelán, cada unha delas cos enlaces que acostumo utilizar habitualmente.


8 de abr. de 2013

Variedades xeográficas do galego

A dialectoloxía é un apartado importante no estudo da lingua galega. Dende hoxe, seguro que nos resultará máis sinxelo tratar este tema grazas ao mapa que vos presentamos. Nel podedes distinguir os tres grandes bloques dialectais e as divisións que existen en cada un deles (áreas, macrosubáreas...). Se pasades o rato por enriba do mapa, atoparedes unhas iconas que vos permitirán ler as características dialectais de cada unha destas zonas e vídeos que reproducen a fala propia deses lugares. Este incrible traballo pertence a Xano Cebreiro, profesor no instituto da Pobra do Caramiñal.


6 de abr. de 2013

Aprendendo con vídeo en Plataforma Proyecta

Xa podes ver e votar os vídeos-educativos que participan no concurso "Aprendendo con vídeo" na páxina de Plataforma Proyecta. Nós temos o noso favorito, Introdución aos fieitos, unha auténtinca lección interactiva sobre un dos elementos máis comúns da paisaxe galega. O vídeo inclúe un test para avaliar a comprensión da lección, glosario e enlaces para ampliar información. Un xeito de achegarse á nosa natureza en galego.


3 de abr. de 2013

Outlet do libro galego

Os amigos e amigas do "Outlet do libro galego" xa están preparando novas actividades para esta primavera. Despois do éxito que tiveron o ano pasado en Allariz e Pontevedra, esta bonita iniciativa chegará proximamente a outras cidades e vilas galegas.