18 de mar. de 2015

Día da Poesía

Xa chega o 21 de marzo, o día ideal para...

                    lapidarte a bicos

porque

                    Contigo
                    os mapas fanse
                    cidades...


 Fonte: http://avozdoalobre.blogaliza.org/

E aquí atoparedes algúns fermosos versos en galego...

16 de mar. de 2015

De viaxe por Galicia: xeodestinos

Rosalía de Castro recolle nun dos seus poemas unha cantiga sobre o famoso santuario da Virxe da Barca, en Muxía.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera.

Como algúns rapaces e rapazas non coñecían este lugar tan fermoso, decidimos ensinárllelo nesta pequena presentación. Igual temos que viaxar un pouquiño máis na clase de galego para coñecer mellor o noso país...


Tamén podes ver máis documentos en Scribd.

7 de mar. de 2015

Poema de Berta Dávila con música

No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, temos tres alumnas en 1º BAC (Carlota, Coral e Laura) que non deixan de sorprendernos coa súa faceta máis artística. Nesta avaliación, a proposta era a de facer un traballo creativo a partir dos textos do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, e velaquí deixamos o resultado do seu esforzo.